Lugar: | Praia de Lourido - Poio |
Datas: |
do 25 o 31 de xullo de 2022. |
Organiza: | AA.VV. Cultural e Deportiva de Lourido |
Patrocina: |
Concello de Poio |
INSCRIPCIÓN
Serán gratuítas para tódalas actividades e modalidades na páxina www.xogosdelourido.com
A data límite de inscripción será ó mércores 20 de xullo de 2022.
Información de interés para o atleta:
-Avituallamentos: os atletas disporán dun avituallamento final sólido e líquido ó finalizar a proba.
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado pola organización.
- Duchas: estarán a disposición dos participantes na zona de xogo.
Máis info en www.xogosdelourido.com
PRIMER PASO. - Deberá cumplimentar a información cos seus datos na pestaña de INSCRIPCIÓN na parte superior da páxina.
No apartado Nome deberá escribir o seu NOME E APELIDOS.
No apartado DNI o NÚMERO E LETRA (EN MAÍSCULAS) do seu DNI.
No apartado de Asunto indicará ACTIVIDADE - MODALIDADE
No apartado Mensaxe deberá indicar: INFORMACIÓN A TER EN CONTA
SEGUNDO PASO. - Recibirá un mail de confirmación de pre-inscripción.
TERCER PASO. - Confirmado o número mínimo de equipos para realizar a actividade torneo, recibirá un correo de confirmación de inscripción
CARTO PASO. - Deberá levar e presentar o DNI o día das actividades.
INFORMACIÓN SOBRE AS MODALIDADES
Carreira popular, desenrolarase sobre un circuito de praia que se recorrerá a pé, con saída por categorías e con premios por categoría e sexo.
Pesca celebrarase con caña e dende a costa de Lourido comprendida entre o faro e o principio da praia de Cabeceira. Os dorsais facilitaránse no Muelle das Señoritas dende media hora antes do comezo do concurso, que durará tres horas como máximo. Haberá una categoría ata 17 anos outra de 18 en diante. A clasificación será o resultado de aplicar un baremo das pezas capturadas. En caso de empate resolveráse a favor do maior peso do total das piezas capturadas.
Vólei praia será por equipos dos participantes establecendose unha categoría ata 14 anos outra de 15 en diante sen limite, nin por idade, nin por sexo. Elaboraráse un calendario de competicións en función dos equipos participantes.
Concurso da Chave, será de 18 anos en diante, constará dun total de dúas tiradas, (20 pellos) en dúas mans, a 18 metros os homes e a 12 metros as mulleres, proclamándose vencedor o que consiga mais acertos nunha das dúas tiradas. Os seis mellores da semifinal pasarán á final que disputaráse tamén á millor de dúas mans. O empate resolveráse con sucesivas tiradas. Lanzaráse impulsando o brazo estirado por debaixo do ombreiro.
Bici praia será unha carreira con eliminatorias por tempo, na que sairan os/as corredorras de doús en doús, clasificándose os mellores tempos para a final. Establecense categorías de 0 a 4 años, de 5 a 9, de 10 a 13, de 14 a 17 y de 18 en diante, premiándose aos tres primeiros por categorías e sexos.
Futbol de 6, según reglamento elaborado pola Escola de Fútbol Base Poio. Habera trofeo para los tres primeros equipos clasificados.
CarreIra dos caramelos e os aros, xunto ás actividades lúdicas que se desenrolen serán abertas previa inscricción en horario establecido no calendario.
Petanca constará de dúas categorías, masculino e femenino, cun máximo de 4 xogadores por cada equipo.
A data límite de inscripción será ó mércores 20 de xullo de 2022 as 20:00h.
PREMIOS
PREMIOS POR MODALIDADES DEPORTIVAS NAS DIFERENTES CATEGORIAS ( PRE- BENXAMÍN ATA VETERANS) dependendo das idades de cada modalidade deportiva.
1º/1ª Clasificado/a de cada categoría………..Trofeo
2º/2ª Clasificado/a de cada categoría………..Trofeo
3º/3ª Clasificado/a de cada categoría………..Trofeo
NORMATIVA
Non estará permitido o acompañamento dos participantes o uso de vehúculos de axuda.
Dado o espíritu deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamaciones.
A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
RENUNCIA MOI IMPORTANTE:
Cada xogador recoñece que a súa participación neste torneo e as súas actividades implican riscos. En consecuencia, exonera e libera a AAVV CULTARAL E DEPORTIVA DE LOURIDO, aos patrocinadores do evento e aos traballadores, empregados e directivos, de todas as accións, preitos e demandas de calquera tipo ou legalidade, incluíndo, entre outros, o risco de lesión por participar neste. torneo. e o risco de perda de efectos persoais por roubo ou outros. Tamén acepta que os organizadores do evento graven parte ou a totalidade da súa participación neste evento en fotos, televisión, radio, cintas de vídeo e outros medios coñecidos e descoñecidos, para ser utilizados, independentemente de quen o faga, de calquera forma publicitaria. , promocións, anuncios, sen reembolso de ningún tipo para el, nin a necesidade de pagar ningunha taxa. O xogador declara que foi examinado por un médico e declarado apto para participar. O xogador declara ter lido e aceptado as bases de participación e a vixente declaración de privacidade do Verandeportivo que se pode consultar publicamente en www.verandeportivo.com
LUNS 25
PISTA DE OBSTÁCULOS 18:30 Horas
FÚTBOL 6 BASE ELIMINATORIAS 18:30 Horas
VOLEI- PRAIA 1ª RONDA 19:00 Horas
PETANCA ELIMINATORIA 20:00 Horas
MARTES 26
MANUALIDADES PARA AS CRIANZAS 18 :00 Horas
FÚTBOL6 BASE ELIMINATORIAS 18:30 Horas
VOLEI – PRAIA 2º RONDA 19:00 Horas
TENIS PRAIA DOBRES 19:00 Horas
CARREIRA DOS CARAMELOS 19:30 Horas
PETANCA SEMIFINAL 20:00 Horas
MÉRCORES 27
FUTBOL 6 BASE SEMIFINAL 18:30 Horas
VOLEI-PRAIA FINAL 19:00 Horas
XIMNASIA MANTEMENTO 20:00 Horas
PETANCA FINAL 20:30 Horas
XOVES 28
FUTBOL 6 BASE FINAL 18.30 Horas
VOLEI – PRAIA FINAL 19:00 Horas
CARREIRA DOS CARAMELOS 19:30 Horas
CHAVE SEMIFINAL FEMENINO 20:00 Horas
TENIS PRAIA 20:00 Horas
VENRES 29
AROS 19:00
VOLEY-PLAYA FINAL 19:00 Horas
CHAVE SEMIFINAL MASCULINO 20:30 Horas
SÁBADO 30
10:00 A 13:00 Horas PESCA
19:30 Horas BICI-PRAIA
20:00 Horas CHAVE FINAL FEMENINA
20:30 Horas CHAVE FINAL MASCULINO
21:30 Horas ACTUACIÓN DE JAVI SOLLA DJ
DOMINGO 31
12:00 Horas ACTO DE ENTREGA TROFEOS
13.30 Horas PETISCO E VIÑO GALEGO
ACTUACIÓN DA AGRUPACIÓN VIDES NOVAS
É OBRIGATORIO INSCRIBIRSE PARA PODER PÀRTICIPAR DE CALQUERA ACTIVIDADE NO ENDEREZO.
xogosdelourido.com En caso da modalidade de FÚTBOL 6 BASE OS EQUIPOS DEBEN inscribirse no clubfutbolbasepoio@gmail.com eu no telefono 606 25 71 71 ( deben facerse constar os datos dos compoñentes de cada equipo DI – Nome e Apelidos)
|