XOGOS DE VERÁN DE LOURIDO 2022

XXVI XOGOS DE VERÁN DE LOURIDO 2022
Lugar: Praia de Lourido - Poio
Datas:

do 25  o 31 de xullo de 2022.

   
Organiza:  AA.VV. Cultural e Deportiva de Lourido 
Patrocina:

Concello de Poio

 

INSCRIPCIÓN

Serán gratuítas para tódalas actividades e modalidades na páxina www.xogosdelourido.com

A data límite de inscripción será ó mércores 20 de xullo de 2022.

 

Información de interés para o atleta: 

-Avituallamentos: os atletas disporán dun avituallamento final sólido e líquido ó finalizar a proba.

-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado pola organización.

- Duchas: estarán a disposición dos participantes na zona de xogo.

Máis info en www.xogosdelourido.com

 

¿Cómo inscribirse na competición?

PRIMER PASO. - Deberá cumplimentar a información cos seus datos  na pestaña de INSCRIPCIÓN na parte superior da páxina.

No apartado Nome deberá escribir o seu NOME E APELIDOS.

No apartado DNI o NÚMERO E LETRA (EN MAÍSCULAS) do seu DNI.

No apartado de Asunto indicará  ACTIVIDADE - MODALIDADE

No apartado Mensaxe deberá indicar: INFORMACIÓN A TER EN CONTA

SEGUNDO PASO. - Recibirá un mail de confirmación de pre-inscripción.

TERCER PASO. - Confirmado o número mínimo de equipos para realizar a actividade torneo, recibirá un correo de confirmación de inscripción

CARTO PASO. - Deberá levar e presentar o DNI o día das actividades.

 

INFORMACIÓN SOBRE AS MODALIDADES

Carreira popular, desenrolarase sobre un circuito de praia que se recorrerá a pé, con saída por categorías e con premios por categoría e sexo.

Pesca celebrarase con caña e dende a  costa de Lourido comprendida entre o faro e o principio da praia de Cabeceira. Os dorsais facilitaránse no Muelle das Señoritas dende media hora antes do comezo do concurso, que durará tres horas como máximo. Haberá una categoría ata 17 anos outra de 18 en diante. A clasificación será o resultado de aplicar un baremo das pezas capturadas. En caso de empate resolveráse a favor do  maior  peso do total das piezas capturadas.

Vólei praia será por equipos dos participantes establecendose unha categoría ata 14 anos outra de 15 en diante sen limite, nin por idade, nin por sexo. Elaboraráse un calendario de competicións en función dos equipos participantes.

Concurso da Chave, será de 18 anos en diante,  constará dun total de dúas tiradas, (20 pellos) en dúas mans, a 18 metros os homes e a 12 metros as mulleres, proclamándose vencedor o que consiga mais acertos nunha das dúas tiradas. Os seis mellores da semifinal pasarán á final que  disputaráse tamén á millor de dúas mans. O empate resolveráse con sucesivas tiradas. Lanzaráse impulsando o brazo estirado por debaixo do ombreiro.

Bici praia será unha carreira con eliminatorias por tempo, na que sairan os/as corredorras de doús en doús, clasificándose os mellores tempos para a final. Establecense categorías de 0 a 4 años, de 5 a 9, de 10 a 13, de 14 a 17 y de 18 en diante, premiándose aos tres primeiros por categorías e sexos.

Futbol de 6, según reglamento elaborado pola Escola de Fútbol Base Poio. Habera trofeo para los tres primeros equipos clasificados.

CarreIra dos caramelos e os aros, xunto ás actividades lúdicas que se desenrolen serán abertas previa inscricción en horario establecido no calendario. 

Petanca constará de dúas categorías, masculino e femenino, cun máximo de 4 xogadores por cada equipo.

A data límite de inscripción será ó mércores 20 de xullo de 2022 as 20:00h.

 

PREMIOS

PREMIOS POR MODALIDADES DEPORTIVAS  NAS DIFERENTES CATEGORIAS ( PRE- BENXAMÍN ATA VETERANS) dependendo das idades de cada modalidade deportiva.

 

1º/1ª Clasificado/a  de cada categoría………..Trofeo

2º/2ª Clasificado/a  de cada categoría………..Trofeo

3º/3ª Clasificado/a  de cada categoría………..Trofeo

 

NORMATIVA

Non estará permitido o acompañamento dos participantes o uso de vehúculos de axuda.

Dado o espíritu deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamaciones.

A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.

A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.

A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.

RENUNCIA MOI IMPORTANTE:

Cada xogador recoñece que a súa participación neste torneo e as súas actividades implican riscos. En consecuencia, exonera e libera a AAVV CULTARAL E DEPORTIVA DE LOURIDO, aos patrocinadores do evento e aos traballadores, empregados e directivos, de todas as accións, preitos e demandas de calquera tipo ou legalidade, incluíndo, entre outros, o risco de lesión por participar neste. torneo. e o risco de perda de efectos persoais por roubo ou outros. Tamén acepta que os organizadores do evento graven parte ou a totalidade da súa participación neste evento en fotos, televisión, radio, cintas de vídeo e outros medios coñecidos e descoñecidos, para ser utilizados, independentemente de quen o faga, de calquera forma publicitaria. , promocións, anuncios, sen reembolso de ningún tipo para el, nin a necesidade de pagar ningunha taxa. O xogador declara que foi examinado por un médico e declarado apto para participar. O xogador declara ter lido e aceptado as bases de participación e a vixente declaración de privacidade do Verandeportivo que se pode consultar publicamente en www.verandeportivo.com

    LUNS 25

    PISTA DE OBSTÁCULOS 18:30 Horas

    FÚTBOL 6 BASE ELIMINATORIAS 18:30 Horas

    VOLEI- PRAIA  1ª RONDA 19:00 Horas

    PETANCA ELIMINATORIA 20:00 Horas

     

    MARTES 26

    MANUALIDADES PARA AS CRIANZAS 18 :00 Horas

    FÚTBOL6 BASE ELIMINATORIAS 18:30 Horas 

    VOLEI – PRAIA 2º RONDA 19:00 Horas 

    TENIS PRAIA DOBRES 19:00 Horas

    CARREIRA DOS CARAMELOS 19:30 Horas 

    PETANCA SEMIFINAL 20:00 Horas

     

    MÉRCORES 27

    FUTBOL 6 BASE SEMIFINAL 18:30 Horas

    VOLEI-PRAIA  FINAL 19:00 Horas 

    XIMNASIA MANTEMENTO 20:00 Horas 

    PETANCA  FINAL 20:30 Horas

     

    XOVES 28

    FUTBOL 6 BASE FINAL 18.30 Horas

    VOLEI – PRAIA  FINAL 19:00 Horas 

    CARREIRA  DOS CARAMELOS 19:30 Horas 

    CHAVE SEMIFINAL FEMENINO 20:00 Horas

    TENIS PRAIA 20:00 Horas

     

    VENRES 29

    AROS 19:00

    VOLEY-PLAYA FINAL 19:00 Horas 

    CHAVE SEMIFINAL MASCULINO 20:30 Horas

     

    SÁBADO 30

    10:00 A 13:00 Horas PESCA

    19:30 Horas BICI-PRAIA 

    20:00 Horas CHAVE FINAL FEMENINA 

    20:30 Horas CHAVE FINAL MASCULINO 

    21:30 Horas  ACTUACIÓN DE JAVI SOLLA DJ

     

    DOMINGO 31

    12:00 Horas ACTO    DE   ENTREGA  TROFEOS 

    13.30 Horas PETISCO E VIÑO GALEGO

     

    ACTUACIÓN DA AGRUPACIÓN VIDES NOVAS

     

    É OBRIGATORIO INSCRIBIRSE PARA PODER PÀRTICIPAR DE CALQUERA ACTIVIDADE NO ENDEREZO.

    xogosdelourido.com

    En caso da modalidade de FÚTBOL 6 BASE OS EQUIPOS DEBEN  inscribirse no  clubfutbolbasepoio@gmail.com eu no telefono 606 25 71 71 ( deben facerse constar os datos dos compoñentes de cada equipo DI – Nome e Apelidos)

     

     

     

     

    destacados_lourido
    Detalles del evento
    Etiquetas del evento
    Organizia