¡Presentación Circuito Verandeportivo, dende Concello de Sanxenxo!

Verandeportivo desde Sanxenxo

A PRAIA DE BALTAR PREPÁRASE PARA ACOLLER E DUPLICAR A SUA AXENDA DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS EN PRAIA DURANTE A SUA ETAPA ESTIVAL

O concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, presidiu o venles 08 de xullo o acto de presentación das probas que acollerá nas dúas vindeiras fins de semana a praia de Baltar, no Concello de Sanxenxo dentro do circuíto provincial do Verán Deportivo.

A praia de Baltar volverá ser un dos epicentros deportivos deste verán en Sanxenxo. O Concello redobra a súa aposta polo deporte con catro pistas instaladas na parte alta do areal e a programación de ata oito eventos diferentes de volei praia, futvolei, tenis praia e torneos infantís. As persoas interesadas en participar deberán facelo a través da web www.verandeportivo.com ou www.organicia.com

O concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, acompañado dos organizadores do @verandeportivo , Guillermo Janeiro, e Santiago Iribarren presentaron a programación esta mañá na praia. A actividade, que terá lugar en xornada de mañá e tarde, dará comezo este sábado con volei praia federado en categorías masculina e feminina e o domingo con volei praia para amateur.

O vindeiro domingo, 17, será a quenda de futvolei para nenos en categorías de prata e bronce. O día 23 a xornada tamén estará dedicada aos nenos cun torneo de fútbol da categoría sub 10 e sub 12.
O 30 de xullo a praia de Baltar acollerá o Beach Sports Kids Tour Volei nas categorías sub15 e sub17 e o 14 de agosto volei 3 por 3 categoría mixta. O deporte continuará o 20 e 21 de agosto con tenis praia. O programa finaliza cun torneo de fútbol praia entre o 15 e o 18 de agosto.
O concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, animou a veciños e visitantes a pasar unha «fin de semana deportiva e diferente» nun espazo habilitado na praia de Baltar polo que asegurou «seguiremos potenciando e apostando cada verán debido ao éxito que está a ter».

Dejar un comentario
Búsqueda de eventos
Organizia